Nun sólo instante
Por un momento crin ter olvidado o sabor dos bicos, o olor do azahar e a desazón da melancolía. Nun sólo instante vinme inmerso nun mar de dúbidas, tan crueis como certeiras, tan cercanas como distantes, sempre necesarias; nunca inapelables. Durante un concreto pero eterno número de segundos, a miña paixón tornouse eclecticismo, a miña fe sinrazón, e os meus ollos, húmidos e cristalinos, apuntaron directos hacia un ceo tan precioso como inalcanzable.
E deste xeito vin correr ó destino, emerxendo dende a nada, deambulante e soñador, derrochando desparpallo e espontaneidade. Entre nube y nube, ilusión e ilusión, podía vislumbrar a súa sombra, froito do desenfreno da la irracionalidade e da improvisación, do desencontro de feitos incoherentes, incongruentes, expostos á fraxilidade do azar e á dulcura do tiempo.
Nun sólo instante esquecinme de ser, e por non ser non fun nada. E por no ter sido nada deixeime levar, e ó deixarme levar sentinme máis lixeiro, sentínme aire. E rocei a utopía coa palma das mans, sobrepasei o egoismo e alcancei o equilibrio. E saltei ó vacío con tódalas miñas forzas e empeño, abarcando un inimaxinable mundo de sensacións, tan incribles como indescriptibles.
Nun sólo instante fun eu.